Unha cidade todo un mundo
Infórmate

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Guía de Vigo en GPS

Turismo de Vigo ven de por en marcha uns novidosos dispositivos de promoción e dinamización turística, empresarial e cultural da cidade entre os turistas e os propios cidadáns. Estes dispositivos potencian os atractivos da cidade e os recursos da zona, pondo en valor a cultura e a tradición local, dinamizando a hostelería, a gastronomía e o comercio. Ampliarase o coñecemento dos visitantes, narrando histórias, curiosidades, lendas... de monumentos, edificios e puntos de interese, guiando os visitantes a museos, exposiciones e todo tipo de eventos que conforman a axenda cultural da cidade.

Esta guía de Vigo en GPS conten seis rutas da cidade:

  • Vigo completo
  • Vigo en media xornada
  • Ruta da arquitectura
  • Ruta gastronómica
  • Ruta comercial
  • Ruta dos parques e miradores.

Asimesmo dispón dun sistema de navegación libre que desenvolve información de puntos de interese da cidade en máis de cen videos.

Condicións de funcionamento nos que se recollerán os seguintes termos:

  1. Datos personais do cliente, sempre maiores de 18 anos.
  2. Relación do material que se entrega e estado do dispositivo.
  3. Número de tarxeta de crédito ou depósito dun documento de identidade válido e en vigor como garntía de que se devolva o aparello.
  4. Pago de 4 euros por dispositivo.

Horario e ubicación:

O horario de funcionamento deste servizo no periodo estival prestarase na oficina de Turismo ubicada na estación marítima, de luns a venres, de 10 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde.

 

 

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web