
Situada na parroquia de Coruxo, conta cun paseo que no verán atrae a numerosos turistas. O tamaño do seu areal é de 800m de longo por 45m de ancho.
Conta con varios aparcadoiros, con prazas para discapacitados. Repartidos ao longo da ponte de madeira, ten diversos accesos á praia. Nos meses de verán, o posto da Cruz Vermella está operativo todos os días.
Outros servizos que ofrece son: fontes, duchas, teléfonos públicos, megafonía, campos de fútbol, etc.
Nesta praia tamén se atopa a Illa de Toralla, unida a ela por unha ponte, e na cal se pode gozar de pequenas praias. Así mesmo, destaca o recente achado dunha vila romana.
A base náutica do Vao é unha estación de servizos náuticos, que oferta cursos de windsurf, catamarán, alugueiro de piraguas… ao longo de todo o ano. Tlf: 669 419 129 // 986 446 060.
Para desprazarse até esta praia, as liñas de autobús son: L10 e L11