Av. de Samil, 17 36212 Vigo
Tlf: 986 240 130 Fax: 986 240 633
E-mail: verbum@vigo.org
Horarios:
Servizos: Visitas para grupos con cita previa no teléfono 986 240 130. Auditorio. Punto de información dixital no vestíbulo. Aparcadoiro.
Proxectado polo arquitecto galego César Portela e situado no entorno da praia de Samil, o Verbum - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana; está deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Estrutúrase en catro andares unificados por unha caixa de luz que os atravesa e os relaciona, semellando un conxunto de caixas chinesas que se conteñen as unhas ás outras.
O museo é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coas linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escrita, a literatura e a tecnoloxía.
O deseño expositivo organízase en 29 cubos que conteñen, no seu interior, un total de 81 módulos que desenvolven os distintos temas do museo: linguaxe, ciencia, literatura e tecnoloxía. Ademais, o museo organiza actividades interactivas destinadas a escolares, asociacións culturais, familias, etc.
Alberga tamén unha Sala de Exposicións Temporais, así como un auditorio e unha aula para seminarios.