Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Centro Social Caixanova

Rúa Policarpo Sanz, 24-26     36203 Vigo

Tlf: 986 120 078 – 986 828 200

Horario:

Salas de Exposicións I e III: Rúa Policarpo Sanz, 24

  • Luns a venres de 18:00 a 21:30 
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30

Sala de Exposicións II: acceso por Rúa Velázquez Moreno, 18 

  • Luns a venres de 18:00 a 21:30 
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30

Espazo Colección Caixanova: Exposición permanente. Rúa Policarpo Sanz, 24 – 1º andar (www.coleccioncaixanova.com)

  • Luns a venres de 18:00 a 21:30 
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30

Servizos: Acceso a minusválidos. Tenda.

O Centro Social Caixanova atópase no edificio histórico Casa Bárcena de finais do século XIX. Este edificio, inmerso no movemento arquitectónico eclecticista, foi proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez. É un edificio multifuncional, concibido co fin de que os seus espazos poidan ser utilizados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do Centro.

Foi inaugurado polas súas SSMM en xuño de 2003.

O Centro Social Caixanova é un edificio catalizador das demandas sociais e culturais, que aposta pola asistencia social, o apoio aos sectores produtivos, a difusión tecnolóxica, a extensión da sociedade de coñecemento, o desenvolvemento económico, a formación, o medio ambiente, a cultura e o fomento do emprego.

Tras a súa rehabilitación destaca a creación dun xardín interior que serve para lles proporcionar luminosidade a todos os andares. Na súa construción mesturouse o granito con materiais modernos conseguindo un sorprendente deseño paisaxista entre grandes cristaleiras e pezas escultóricas.

As salas de exposicións da Colección Caixanova (de 3000m2) acollen, segundo os expertos, a mellor colección de arte galega do mundo. Os fondos da colección ascenden a 4000 obras, das cales se expoñen 120 delas organizadas nun percorrido de forma didáctica, desde a arte galega do século XIX até os nosos días.

A exposición Naturnova consta de 37 módulos organizados en tres áreas temáticas: O Universo, A Biosfera, O Home e O Medio. Este Centro Interactivo de Educación Medioambiental responde á preocupación pola preservación do medio ambente.

Tres zonas de exposición dedícanse a mostras temporais procedentes de diferentes museos ou coleccións privadas. Tamén se expoñen nestas salas exposicións de divulgación científica ou etnográfica e percorridos artísticos, novidosos ou consagrados, nunha firme aposta pola calidade creativa.

O centro dedica catro espazos a aulas de formación e obradoiros de creatividade.

O Auditorio ten unha capacidade para 360 personas e está equipado con sistemas de última tecnoloxía. A Sala de Conferencias ten un aforo para 122 persoas. As Salas de Reunións están dispoñibles para empresas ou entidades que queiran celebrar os seus actos institucionais cunha capacidade que oscila entre as 10 e as 22 persoas e están así mesmo equipadas con equipos audiovisuais.

O Salón de Recepcións ten a finalidade de ser o marco para as recepcións dos eventos que se organicen no centro.

O Instituto de Desenvolvemento creouse co obxectivo de potenciar os sectores produtivos galegos e a creación de emprego (www.idcaixanova.com).

O Área de Novas Tecnoloxías foi creada para a formación e o fomento das novas ferramentas tecnolóxicas.

O Centro de Iniciativas Sociais está dedicado á teleasistencia, promoción do voluntariado, inclusión social, desenvolvemento integral da infancia e xuventude, atención ás persoas maiores, etc.

Aulas e obradoiros dan cabida a numerosos cursos e, anexa a Naturnova, está a Tenda-Librería.

O Centro Social Caixanova conta ademais cun Centro de Difusión Tecnolóxica que lles ofrece preparación ás empresas para aproveitar con éxito as continuas innovacións tecnolóxicas, os novos métodos de traballo e os avances nas comunicacións.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web