Casa das Artes Rúa Policarpo Sanz, 15 36202 Vigo
Tlf: 986 435 121
E-mail: Arquivo.pacheco@vigo.org
Horario:
Servizos: Grupos con cita previa. Aforo limitado. Visualización de imaxes do proxecto "La Galería".
O arquivo Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos de titularidade pública sobre a cidade de Vigo.
A colección está composta por un total de 140.000 imaxes que abarcan o período que vai dende finais do século XIX até a década dos anos 70. A variedade temática é unha das notas predominantes, constituíndo unha completa crónica da cidade.
A autoría das fotografías corresponde a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia.
O Concello de Vigo adquiriu a colección en maio de 1991.