Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Museo de arte contemporánea (MARCO)

Rúa do Príncipe, 54     36202 Vigo

Tlf: 986 113 900     Fax: 986 113 901

Web: www.marcovigo.com

E-mail: info@marcovigo.com

Horario:

  • Martes e sábados (festivos incluídos): de 11:00 a 21:00
  • Domingos: de 11:00 a 15:00
  • Luns: pechado

Servizos: Acceso a minusválidos. Gardarroupa. Tenda-librería especializada. Cafetería-restaurante. Visitas guiadas gratuitas: todos os días ás 18:00. Visitas de grupo: con cita previa no tlf. 986 113 900 (ext. 307 ou 314).

Edificio de estilo ecléctico do arquitecto José Mª Ortiz. O proxecto data do ano 1861, cando o edificio foi deseñado para albergar o antigo Palacio de Xustiza e cárcere.

Este novo centro de arte, creado para a difusión de propostas culturais contemporáneas, basa a súa identidade no dinamismo da súa programación e no seu espírito participativo.

As actividades principais, en torno ás que se articula a programación museística, son as exposicións temporais dedicadas á produción artística recente nos seus máis variados campos creativos (artes plásticas, arquitectura, vídeo, deseño e cine). Estas actividades enmárcanse en tres liñas de programación prioritarias: mostras pluridisciplinares, sobre arte e cultura no ámbito nacional e internacional; investigacións e revisións históricas que fomenten a recuperación de autores ou movementos artísticos galegos unidos a linguaxes vangardistas; e, por último, a sala de exposicións do Edificio Anexo, dedicada á produción de proxectos de artistas emerxentes galegos.

O MARCO constitúe a proposta máis vanguardista da cidade, ofrecendo programas didácticos dirixidos a escolares, familias e nenos así como programas de formación para artistas e docentes. O Museo conta con servizo de biblioteca, hemeroteca e mediateca.

Como sinal de identidade, fronte a outros museos do contorno xeográfico, e en consonancia co particular trazado panóptico das salas de exposición, máis adecuado para mostras colectivas, o MARCO realiza exposicións de carácter temático, xeográfico ou de tese –na súa maioría de produción propia– acordes cos movementos artísticos contemporáneos, o que fai posible percorrer o amplo panorama multicultural de hoxe, ao tempo que facilita o intercambio de exposicións con outros centros de arte.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web