Av. Atlántida, 160 36208 Vigo
Tlf: 986 247 750 Fax: 986 247 748
Web: www.museodomar.com
E-mail: mdom@museodomar.com
Servizos: Restaurante-cafetería. Aparcadoiro. Sala de convencións. Acceso e aseos para minusválidos. Tenda.
O Museo do Mar de Galicia, situado na Punta do Muíño, en Alcabre, naceu coa vontade de ser unha sede dedicada ao mar. É un ambicioso proxecto cultural e científico inaugurado en xuño do 2002 e deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e o galego César Portela.
Pódense distinguir até seis partes: o xardín; un conxunto de cinco naves rehabilitadas; unha praza empedrada que permite a comunicación entre as praias; un edificio de nova planta, construído sobre o linde dunha parcela gañada ao mar; un porto no que se sitúa o acuarium; un faro, e o propio mar que envolve a construción.
O Museo distingue un ámbito gratuíto inicial, onde o visitante entra en contacto co mar, e a exposición permanente de pago, centrada na historia económica e social do desenvolvemento da industria pesqueira galega, abarcando seccións sobre a extracción, conservación e comercialización dos produtos pesqueiros. Conta ademais cun acuario, onde se amosan os ecosistemas das rías galegas, e un xacemento arqueolóxico. Os vestixios deste xacemento fálannos das explotacións dos recursos pesqueiros xa desde épocas prehistóricas, fío condutor da exposición permanente do museo.