Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, 2     36202 Vigo

Tlf: 986 226 459 / 986 220 922     Fax: 986 229081

Horario de Bibliotecas:

  • Inverno: Luns a venres: de 9.00 a 14.00 – de 17.00 a 20.00
  • Verán: Luns a venres: de 9.00 a 14.00 (16 de xuño-15 de setembro)

Horario de sala de exposicións e museo:

  • Luns a venres: de 18.00 a 21.30

Aforo máximo: 50 persoas

Visitas de grupos con cita previa

A Casa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar, no que se concitan a programación de actividades artísticas e literarias coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico altamente cualificado no que se refire ao estudo da realidade histórica e actual de Galicia. Dispón de sala de exposicións temporais, salón de actos, sala de exposición permanente, sala de lectura e sala de lectura para investigadores, ademais de dependencias de uso interno.

Os elementos máis destacables da Casa Galega da Cultura son a Biblioteca Penzol, a Biblioteca Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del Riego.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web