Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Centro Cultural Caixa Galicia

Rúa Policarpo Sanz, 21 - 2ª     36202 Vigo

Tlf: 986 815 077

E-mail: mlandre@caixagalicia.es

Horario de oficina: de 8:30 a 15:00

Sala de Conferencias: 2º andar. Aforo: 81 persoas

Sala de Exposicións: 3º andar

Edificio a dúas fachadas, de corte modernista, construído en 1891 por Francisco Solleiro Negrete, sobre planos do arquitecto Manuel Felipe Quintana. En 1990 procedeuse á súa rehabilitación para convertelo na Fundación Caixa Galicia.

A Obra Social de Caixa Galicia ten o obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación, fomentando a participación, o voluntariado, o asociacionismo e achegando as novas tecnoloxías ao conxunto da sociedade. Contribúe á formación e integración de nenos e mozos; realiza accións de solidariedade internacional e de protección do medio ambiente; ademais colabora cun gran número de institucións públicas e de entidades non lucrativas, realizando acción social compartida. A Obra Social desenvolve actividades de promoción da cultura en todas as súas manifestacións, a investigación, a ciencia, a arte, a creación de capital humano, etc.

En once localidades das catro provincias galegas, a Obra Social conta con 25 sedes permanentes nas que se desenvolve unha gran parte das actividades socioculturais: centros para maiores, centros infantís e xuvenís, edificios multiusos, salas de exposicións e conferencias, bibliotecas e centros de novas tecnoloxías.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web