Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Casa de Ceta ou de Arines

  • Data: século XV
  • Praza de Almeida, 2

É o edificio máis antigo da cidade. Trátase dun palacete urbano do século XV pertencente ao gótico tardío. Ten aspecto de torreón medieval e está construído con pedra de cantería. A decoración é sobria, e dela soamente destacan os dinteis das fiestras que comunican coa praza. O edificio está coroado cun recolleaugas e con gárgolas de pedra. Tamén figuran dous escudos, un deles coas armas pertencentes á familia Ceta e outro no que aparecen dous leóns.

Esta construción, xunto co edificio anexo, o de Pazos e Figueroa, é sede hoxe en día da Fundación Camôes.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web