Monumento en pedra, obra de Camilo Nogueira, inaugurada en 1966 e situada no parque do Castro. Representa unha barca avanzando na que tres atletas levantan o escudo de Vigo simbolizando o pulo e a unión necesarios para que Vigo teña un porvir esplendoroso.