Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Monumento ao pescador

Figura de pedra esculpida por Alfonso Vilar Lamelas, inaugurada en 1955, e que mide 12m de altura. É unha homenaxe aos homes do mar.

Nela, sobre un alto pedestal de dous corpos, elévase a figura dun mariñeiro vestido coa roupa de augas que sostén un remo na súa man esquerda. Na fronte, unha muller co fillo e unha patela, espera pacientemente ou amosa o froito da pesca.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web